Mañá, martes, día 3 de maio, o Obradoiro de Teatro do Ricardo Tobío actuará na Casa da Cultura de Muros. Fará dúas representacións. A primeira para o alumnado do 2º ciclo dos centros escolares do concello, que será en horario de mañá. Pola tarde, ás 19’00 horas, haberá unha función para todos os públicos, xunto ao Obradoiro de Teatro Agra de Filgueira (Louro).
A obra que representarán os nosos actores será “A consulta da doutora Casilda“. A trama desenvólvese na sala de espera dunha consulta de mediciña xeral. As persoas, ao tempo que agardan a súa quenda, vanse impacientando e mostran queixas absurdas dos pacientes da Seguridade Social, que moitas veces van por costume a pasar o tempo ao centro médico.
O elenco de actrices e actores é o seguinte:
Sofía Aguirre (1º), Carlos Caamaño (2ºA), Carmen Sendón (2ºB), Carolina Aguirre (3º), Itahisa Brea (3º), Clara Martínez (3º), Sara Maceiras (3º), Iria Lago (5º) e María Maceiras (5º).
Estas actuacións están dentro da “V MOSTRA DE TEATRO XOSÉ AGRELO” organizada polo Concello de Muros, como todos os anos, no mes de maio, mes das letras…