MIGUIÑA BUSCA AXUDANTES

tumblr_nc2g4yxdmx1qkaoroo1_500A mascota da biblioteca, Miguiña, busca axudantes entre o alumnado de 5º e 6º.

Precisa nenos e nenas que axuden a manter a biblioteca ordenada, a organizar contacontos para os maís pequenos, a recomendar lecturas interesantes,…

Os interesados debedes deixar o voso curriculo na caixa laranxa que se atopa onda a conserxería indicando o voso nome e apelidos,  curso, e os motivos polos que queredes axudar.

Animádevos a colaborar coa biblioteca!!!

Publicado en 1 | Deixar un comentario

Páxina web oficial

Inauguramos a páxina web oficial do centro. Podedes acceder a ela a través da seguinte ligazón:

Web do CEIP “Ricardo Tobío”

Publicado en Varios | Deixar un comentario

DÍA DO PEÓN

Publicado en Educación Física | Deixar un comentario

CIRCUÍTO DE ACTIVIDADES COEDUCATIVAS

O vindeiro sábado, 24 de setembro, terá lugar no Centro de Servizos Sociais do Concello de Muros, , o CIRCUÍTO DE ACTIVIDADES COEDUCATIVAS da Deputación Provincial da Coruña, para rapaces/as con idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos.

Para poder participar é preciso inscribirse persoalmente nas oficinas ou a través do télefono de Servizos Sociais, en horario de 08’00 a 15’00 horas. As prazas aisgnaranse por rigurosa orde de inscrición.

Para máis información e inscricións:
Centro de Servizos Sociais, Rúa Rosalía de Castro, nº30, 1º, 15250 Muros.
Teléfono: 981 762 465

Publicado en Varios | Deixar un comentario

PRIMEIRO DÍA DE CLASE

Con moita emoción e entusiasmo iniciamos a volta ao cole, os reencontros cos compañeiros, contar as anécdotas do verán, qué profe nos tocará…

Todo con moita tranquilidade. Esperemos que continúe así durante todo o curso. Ánimo !

Publicado en Varios | Deixar un comentario

AXUDAS DO CONCELLO DE MUROS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL

Adquisición de material escolarAta o día 15 de setembro estará aberta a Convocatoria de Axudas para a Adquisición de Material Escolar 2011, que pon en marcha o Concello de Muros e coas cales se persegue a correcta escolarización dos/as nenos/as pertencentes ás familias empadroadas no noso concello, que non dispoñan dos recursos suficientes.

Poden solicitar máis información no Departamento de Servizos Sociais no Centro de Día de Muros, no Centro Cultural e Xuvenil de Muros ou na web, www.muros.es na que poderán descargar as bases e o modelo de solicitude.

Saúdos.

Publicado en Secretaría | Deixar un comentario

COMEZA UN NOVO CURSO

Dámosvos a todas e todos a benvida ao novo curso 2011-12. Temos que estar coas baterías cargadas, que hai moito que aprender e traballar.

As clases comezarán o vindeiro luns, día 12 de setembro, co horario habitual (9’30 – 14’30). Haberá transporte normal.

O alumnado de infantil de 3 anos, recibirá información individualizada, por parte da profesora,  sobre cando comezar o período de adaptación.

Moito ánimo e esperemos que o curso transcurra con total normalidade.

Saúdos.

Publicado en Varios | Deixar un comentario